Oficina de Intelixencia Artificial

A peza central do modelo de gobernanza é a Oficina de Intelixencia Artificial (OIA), responsable de definir a estratexia corporativa, establecer o marco de goberno, impulsar a adopción de solucións baseadas en IA e garantir a aplicación homoxénea de estándares, metodoloxías e boas prácticas.

Para asegurar unha xestión responsable, segura e eficaz da intelixencia artificial, a Oficina de IA conta co apoio de órganos de goberno especializados:

  • O Comité Estratéxico de IA, encargado de definir as prioridades, supervisar a folla de ruta e avaliar o impacto das iniciativas.
  • O Comité Ético de IA, responsable de velar polo uso responsable desta tecnoloxía e polo respecto dos principios éticos e os dereitos fundamentais.
  • O Comité de Seguridade da Información, que garante o cumprimento dos requisitos de seguridade, privacidade e protección da información, en consonancia co Esquema de Seguridade Nacional e o marco normativo vixente.