Ferramentas de prevención

Publicado o: 07/01/2016

Ferramentas para apoiar a empresa na xestión da prevención, tanto desde o punto de vista de redución da sinistralidade como do cumprimento da lexislación para evitar sancións.

Destinadas a empresarios, traballadores designados, delegados de prevención, mandos intermedios, recursos preventivos, traballadores por conta allea e traballadores autónomos.

Campus virtual de prevención

Campus virtual de prevención

No CAMPUS MUTUA desenvolvemos actividades preventivas e medidas de actuación para previr, eliminar ou controlar os riscos laborais que producen accidentes, dano á saúde ou enfermidades profesionais. Ofrecemos unha ferramenta rápida, fácil e flexible para xestionar a súa formación en prevención con eficacia e eficiencia.

A nosa metodoloxía

Investigamos constantemente para identificar os problemas que subxacen aos accidentes e prácticas nocivas e construír as solucións necesarias e plasmalas nun deseño pedagóxico multimedia aproveitando as novas tecnoloxías, nun contorno intuitivo, o que se aprende de forma sinxela, gradual, amena e interactiva. Estruturamos os contidos nun deseño interactivo organizado para transferirse á realidade e necesidades dos nosos clientes e axustado ao nivel dos seus traballadores.


CLPplay

ClPplay

O videoxogo CLPplay é unha aplicación interactiva, lúdica e informativa que permite aos usuarios de produtos químicos no medio laboral coñecer, asimilar e lembrar facilmente o novo regulamento de etiquetaxe (CLP).

O sistema de etiquetaxe de produtos químicos modificouse en 2010 para as substancias, e en 2015 engadíronse tamén as mesturas, pasando a substituír definitivamente as anteriores etiquetas. CLPplay é un complemento para facilitar a formación dos traballadores sobre o novo sistema.

O obxectivo é axudar os traballadores a memorizar os novos pictogramas e frases H das etiquetas dos produtos químicos, asociándoos ao seu significado.

Está dirixido a traballadores e mandos das empresas asociadas que manipulan produtos químicos.