Ferramentas de xestión en liña

Publicado o: 15/12/2015

Canda a mellora da calidade asistencial e o desenvolvemento dun modelo de Saúde Integral, a aplicación das tecnoloxías da información tamén nos permiten ofrecer novas canles de comunicación coas empresas asociadas, tanto para a xestión personalizada de trámites como mediante plataformas de coñecemento permanentemente actualizadas.

Zona privada en www.mutuauniversal.net

A nosa páxina web corporativa ofrece información detallada sobre a Entidade e os servizos que ofrecemos, e incorpora aplicacións para que empresas asociadas e traballadores adheridos realicen transaccións personalizadas dunha maneira rápida e eficaz, as 24 horas do día

  • Consulta e tramitación de partes de accidentes de traballo e volantes de asistencia
  • Xestión das continxencias laborais e comúns, o subsidio por embarazo e lactación e o coidado de menores
  • Elaboración de informes de sinistralidade laboral e común como ferramenta para poñer en marcha accións correctoras
  • Consulta de deducións para baixas de continxencia laboral ou común, e deducións indebidas por pagamento delegado das baixas
  • Campus virtual: formación en prevención de riscos laborais
  • Xestión de usuarios: selección de destinatarios, tipo e periodicidade da información
  • Perfil de avisos: información puntual da prestación de servizos.

Plataformas de información

www.paroparaautonomos.com

Inclúe a normativa que regula a prestación de desemprego para autónomos, así como instrucións sobre como tramitala e un simulador de cotizacións e prestacións.

www.bonusprevencion.com

Información sobre o sistema de incentivos pola diminución e prevención da sinistralidade laboral con formularios interactivos e asistencia ante calquera dúbida.

www.mutuasaccidentestrabajo.com

Información sobre o marco relacional entre a Seguridade Social, as mutuas, as empresas e as asesorías laborais, así como coñecementos prácticos para utilizar os sistemas de xestión Rede, Delt@, CoNta e Creta.

Boletín electrónico

Boletín electrónico semanal coas novidades lexislativas do ámbito laboral.