Ferramentas de xestión en liña
Canda a mellora da calidade asistencial e o desenvolvemento dun modelo de Saúde Integral, a aplicación das tecnoloxías da información tamén permítenos ofrecer novas canles de comunicación coas empresas asociadas, tanto para a xestión personalizada de trámites como mediante plataformas de coñecemento permanentemente actualizadas.
Zona privada en www.mutuauniversal.net
A nosa páxina web corporativa ofrece información detallada sobre a Entidade e os servizos que ofrecemos, e incorpora aplicacións para que empresas asociadas e traballadores adheridos realicen transaccións personalizadas dunha maneira rápida e eficaz, as 24 horas do día
- Consulta e tramitación de partes de accidentes de traballo e volantes de asistencia
- Xestión das continxencias laborais e comúns, o subsidio por embarazo e lactación e o coidado de menores
- Elaboración de informes de sinistralidade laboral e común como ferramenta para poñer en marcha accións correctoras
- Consulta de deducións para baixas de continxencia laboral ou común, e deducións indebidas por pagamento delegado das baixas
- Campus virtual: formación en prevención de riscos laborais
- Xestión de usuarios: selección de destinatarios, tipo e periodicidade da información
- Perfil de avisos: información puntual da prestación de servizos.
Plataformas de información
www.paroparaautonomos.com
Inclúe a normativa que regula a prestación de desemprego para autónomos, así como instrucións sobre como tramitala e un simulador de cotizacións e prestacións.
www.bonusprevencion.com
Información sobre o sistema de incentivos pola diminución e prevención da sinistralidade laboral con formularios interactivos e asistencia ante calquera dúbida.
www.mutuasaccidentestrabajo.com
Información sobre o marco relacional entre a Seguridade Social, as mutuas, as empresas e as asesorías laborais, así como coñecementos prácticos para utilizar os sistemas de xestión Rede, Delt@, CoNta e Creta.
Boletín electrónico
Boletín electrónico semanal coas novidades lexislativas do ámbito laboral.