Escola de lombo en liña
A escola de lombo de Mutua Universal está dirixida a persoas que sufrisen un episodio de dor de lombo e necesiten aprender técnicas que lles axuden a finalizar o proceso de rehabilitación ou a previr futuros episodios.
Sabías que?
Máis do 85 %das persoas sofren de molestias ou lesións no seu lombo algunha vez na súa vida. A miúdo relaciónanse estas doenzas con sobrecargas físicas, pero non son a única causa. O sedentarismo, as malas posturas, os aspectos psicosociais ou a constitución física son algunhas das moitas outras causas que poden xerar ou agravar unha doenza de lombo, tanto no traballo como na vida familiar.
Por que unha escola de lombo?
![Tratamento na escola de lombo de Mutua Universal Tratamento na escola de lombo de Mutua Universal](/export/sites/webpublica/.galleries/Modelo_asistencial/Escuela-de-espalda_2.jpg_297258699.jpg)
Moitas veces, accións tan sinxelas de aprender como manter unha postura correcta, preparar a musculatura antes de facera traballar e potenciar os grupos musculares axeitados, poden conseguir evitar lesións e episodios dolorosos ou mellorar a rehabilitación.
Na escola de lombo de Mutua Universal, a persoa que sufriu unha patoloxía vertebral dolorosa encontra o complemento ao seu proceso de rehabilitación e aprendre como reducir a aparición de futuros episodios.
Como funciona a escola de lombo?
![Clase de escola de lombo impartido por fisioterapeutas de Mutua Universal Clase de escola de lombo impartido por fisioterapeutas de Mutua Universal](/export/sites/webpublica/.galleries/Modelo_asistencial/Escuela-de-espalda-3.jpg_824716147.jpg)
O noso persoal especialista en rehabilitación e fisioterapia recomenda a asistencia á escola de lombo ás persoas que, tras sufrir un episodio de baixa laboral, necesitan aprender técnicas que lles axuden a finalizar o proceso de rehabilitación ou a previr futuros episodios, e estas poden inscribirse nela de maneira voluntaria.
As clases son impartidas a grupos reducidos, por fisioterapeutas con formación baseada en pilates terapéutico, a técnica máis actual e eficiente na prevención de doenzas do lombo.
Programa
O programa impártese nos nosos centros de Madrid (C/ Santa Cruz de Marcenado), Barcelona (C/ Rosellón), Valencia e Logroño.
Realízanse clases semanais de 45 minutos de duración, que constan dunha parte teórica e outra práctica, en que se ensinarán os seguintes conceptos:
- Repaso anatómico, biomecánico e fisiopatológico da columna vertebral para axudar a comprender mellor como funciona o noso
lombo. - Identificar os riscos ergonómicos aos que está exposta a persoa traballadora no seu medio laboral e tempo libre.
- As diferentes pautas de hixiene postural para diminuír os riscos identificados.
- Exercicios de quentamento, estiramento e potenciación muscular.
- Hábitos saudables para a promoción da saúde global do lombo: alimentación saudable, exercicio físico regular, técnicas de relaxación
para control do estrés, tempo de descanso axeitado, evitar o tabaco, entre outros.
A Escola de Lombo en liña
Ao finalizar as clases, as persoas tratadas aprenderon a realizar cada exercicio e poden continuar facendoos na súa casa, de forma habitual, axudandose coa guía de exercicios en liña de Mutua Universal.
A continuación pomos a disposición vídeos de todos os exercicios, con audio-descrición para mellorar a súa comprensión.
IMPORTANTE: estes exercicios forman parte do programa "Escola de lombo" de Mutua Universal. Non se recomenda realizaros sen recibir formación previa e presencial dos equipos de fisioterapia da entidade.