Equipos de rehabilitación de última xeración

Publicado o: 22/12/2015

A rehabilitación diagnostica, prevé e dá resposta asistencial á incapacidade co obxectivo de facilitar, manter ou devolver o maior grao de capacidade funcional e independencia dos pacientes.

O seu ámbito de actuación engloba doentes con patoloxías do sistema locomotor, neurolóxicas, vasculares e do sistema linfático, cardiorrespiratorias, do diafragma da pelve, da comunicación, etc.

A rehabilitación permite que o paciente recupere unha función ou actividade perdida por unha enfermidade ou un traumatismo, dando unha atención sanitaria orientada a evitar na medida do posible ou ben diminuír secuelas e discapacidade e alcanzar a mellor calidade de vida posible.

Para atender a rehabilitación, os nosos centros están dotados con equipos avanzados e profesionais con ampla experiencia e formación que contan, ademais, co soporte de fisioterapeutas de referencia tanto presencialmente como a través de Clínica en liña.

O servizo de rehabilitación e fisioterapia ofrece unha atención integral ao paciente, mediante diversas técnicas:

  • Electroterapia
  • Hidroterapia
  • Laserterapia
  • Magnetoterapia
  • Potenciación muscular
  • Termoterapia
Fisioterapia

Tipos de rehabilitación

Rehabilitación ortopédica e traumatolóxica

Fracturas, luxacións, contusións, escordaduras, tendinite, contracturas musculares, roturas fibrilares, seccións tendinosas, cervicalxias e lumbalxias postraumáticas, poscirúrxicos (prótese, plastias, artroscopias, suturas tendinosas...).

Rehabilitación reumatolóxica

Artrose, artrite, espondilite, osteoporose...

Rehabilitación neurolóxica en centros concertados

Accidentes cerebrovasculares – hemiparesias, TCE, parálises nerviosas periféricas (plexopatías braquiales, STC, neuropatía cubital...)

Rehabilitación cardiorrespiratoria (na área de control hospitalario de Barcelona)

Cardiopatía isquémica, bronquite crónica, asma bronquial, enfisema pulmonar, bronquiectasias, insuficiencia respiratoria en pre e poscirúrxicos…

Rehabilitación deportiva

Escordaduras, tendinite, contracturas e distensións musculares, roturas fibrilares e tendinosas


Técnicas de rehabilitación

  • Tratamento manual: masoterapia, estiramentos, cinesiterapia, técnicas miofasciais, osteopatía, drenaxe linfática manual...
  • Vendaxe neuromuscular ou Kinesio – taping
  • Vendaxe funcional
  • Mecanoterapia (bicicleta estática, cinta de marcha, espaleiras, bancos de potenciación…). Propiocepción. Tracción vertebral
  • Reeducación postural
  • Ergonomía
  • Escola das costas
  • Fisioterapia respiratoria
  • Órtese e prótese
  • Aparellos de apoio con tecnoloxía que permite reducir inflamación e dor:   
    • Electroterapia
    • Ultrasóns
    • Microondas
    • Onda curta
    • Ultrasóns
    • Infravermellos
    • Parafina
    • Laserterapia
    • Magnetoterapia
    • Presoterapia
    • Ondas de choque