Exemplo dalgunhas das nosas xornadas:

Mandos e seguridade laboral: simulando unha realidade

prevencion riscos laborais realidade virtualOrientada a persoas responsables de equipo, co obxectivo de reforzar o seu papel na integración da prevención na empresa.

As persoas participantes enfróntanse a situacións de risco, analizan alternativas de actuación e valoran o impacto das súas decisións, reforzando competencias relacionadas co liderado preventivo, a comunicación e a conciencia do risco.


Vive a emerxencia, controla a resposta

xornada orientacion prl realidade virtuaOrientada a persoas con funcións ou responsabilidades en materia de prevención na empresa.

As persoas participantes experimentarán a importancia do comportamento humano fronte a unha situación de emerxencia e como a implantación e o adestramento das medidas de actuación é a base para unha resposta eficaz e segura.