Campaña EU-OSHA. Traballos saudables: relaxemos as cargas (2020-2022)
Os trastornos músculo-esqueléticos (TME) son un dos problemas de saúde relacionados co traballo máis habituais en Europa. Provocan dor e molestias nas costas, o pescozo, os ombros, as extremidades superiores e inferiores, e poden afectar á capacidade da persoa para traballar.
Tras un exhaustivo traballo de investigación sobre o TME e para fomentar a posta en práctica das conclusións acadadas tras estes estudos, a Axencia europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, EU-OSHA polas súas siglas en inglés, lanzou unha nova campaña bianual, 2020-2022, co lema "Traballos saudables: relaxemos as cargas".
O obxectivo desta campaña foi divulgar información completa acerca dos trastornos músculo-esqueléticos e instar a que se adopte un enfoque integrado da xestión deste problema no ámbito laboral.