Que xestións administrativas teño que facer e que documentación teño que preparar antes de desprazar persoa traballadora fóra de España?

A continuación detallámosche os pasos previos a seguir antes do desprazamento dunha persoa traballadora ao estranxeiro. En todos os casos deberase encher o formulario TA300.

Países da UE, EEE (Espazo Económico Europeo) ou Suíza:

Presentación por parte da persoa traballadora ou a empresa do formulario TA300 diante das Administracións da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Se dispón de certificado dixital ou Cl@ve permanente pode acceder ao servizo da Sede electrónica para xestionar telematicamente a súa solicitude, por rexistro electrónico.

Países membros UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, República Checa, Croacia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estònia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Rumania e Suecia.

Países pertencentes ao EEE: Islandia, Liechtenstein, Noruega.

Así mesmo, o traballador deberá dispor da tarxeta sanitaria europea, que se deberá solicitar a través do INSS ou telematicamente.

Países non comunitarios con convenio bilateral e resto de países:

Ademais do formulario TA300, débese encher o formulario adicional correspondente a cada país de destino ante a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Países non comunitarios con convenio bilateral: Andorra, Arxentina, Australia, Brasil, Canadá, Chile, Colombia, Ecuador, Estados Unidos, Filipinas, Marrocos, México, Paraguai, Perú, República Dominicana, Rusia, Tunisia, Ucraína, Uruguai e Venezuela.

Guía práctica para traballadores desprazados (Comisión Europea).

Ligazóns relacionadas:


Queres volver buscar respostas sobre algún tema?