Poden pedir a prestación ambas as dúas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras?

Si. Cando ambas as dúas persoas proxenitoras, titoras, gardadoras con fins de adopción ou acolledoras permanentes cumpran os requisitos legalmente establecidos, a prestación poderá recoñecerse unha soa delas ou a ambas as dúas, de forma alternativa ou simultánea.

En caso de percepción simultánea polo coidado dunha mesma persoa doente, cada persoa beneficiaria deberá acreditar individualmente o cumprimento dos requisitos esixidos e percibirá un subsidio equivalente ao 50 %da súa respectiva base reguladora, con independencia da porcentaxe de redución de xornada recoñecida.

Así mesmo, as persoas beneficiarias poderán alternarse na percepción da prestación por períodos non inferiores a quince días, sempre que se manteñan os requisitos esixidos. Nos supostos de separación, divorcio, extinción de parella de feito ou convivencia compartida, a alternancia poderá adaptarse ao réxime de convivencia acreditada.


Queres volver buscar respostas sobre algún tema?