Poden pedir a prestación ambas as dúas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras?
Si. Todas as persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras deben encontrarse traballando para que poida recoñecerse a prestación; porén, só unha delas pode ser beneficiaria en cada momento.
Non obstante, mediante acordo entre as persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras e a empresa ou empresas respectivas, poden alternarse no gozo do subsidio por períodos non inferiores a un mes. Neses casos, a prestación quedará en suspenso para unha delas mentres se recoñeza á outra.
