Ata que idade da persoa causante percíbese a prestación?

A duración máxima da prestación dependerá da idade da persoa causante e de determinadas circunstancias relacionadas co seu estado de saúde, discapacidade ou dependencia:

  • Ata os 23 anos, cando o cancro ou a enfermidade grave fose diagnosticada antes de acadar a maioría de idade e mantéñanse a necesidade de coidado directo, continuo e permanente e o resto dos requisitos esixidos.
  • Ata os 26 anos, cando a persoa causante acreditase, antes de cumprir os 23 anos, un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %e continúen concorrendo os requisitos que deron lugar ao recoñecemento da prestación.
  • Máis alá dos 26 anos, de forma excepcional, cando a persoa causante teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %ou unha situación de dependencia de grao III, manteña a convivencia coa persoa beneficiaria e continúe necesitando coidados directos, continuos e permanentes.

Queres volver buscar respostas sobre algún tema?