Vive a emerxencia. Controla a resposta.
Dirixido a
- Empresas asociadas. Persoas traballadoras autónomas.
Impartido por
PAULA MARIA RODRIGUEZ MEDINATécnico de prevención de riscos laborais
NEREA PEÑA CRUZTécnico de prevención de riscos laborais
Mª CRISTINA GALAN ROMEROTécnico de prevención de riscos laborais
Taller práctico
Obxectivo
Adquirir conciencia sobre a importancia do factor humano na xestión dunha emerxencia e como a existencia de medidas de actuación previamente establecidas e adestradas marcan a diferenza no control da situación e na minimización das súas consecuencias.
Contido
A xornada desenvolverase de forma experiencial e interactiva, combinando unha introdución teórica con simulacións inmersivas de incendios mediante realidade virtual, que permitirán aos asistentes experimentar de primeira man como a preparación e o adestramento inflúen na resposta a unha emerxencia real.
-O factor humano nas emerxencias.
-Incendios: principios básicos da extinción.
-Simulación inmersiva en primeira persoa: extinción de incendios mediante realidade virtual. Os participantes enfrontaranse a escenarios realistas de incendio, en que deberán tomar decisións e actuar en tempo real.
-Fagamos balance, como actuamos?
Formulario de inscrición
Prazas limitadas. Inscricións por rigorosa orde de solicitude.
Nesta actividade non se emiten certificados nin xustificantes de asistencia.
Sesión presencial
