Condicións xerais de acceso e uso do servizo de Solicitudes Prestacións

Publicado o: 31/03/2020

Para cumprir co que se establece no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, ponse de manifesto que MUTUA UNIVERSAL MUGENAT, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social núm.10 (de agora en diante MUTUA), co CIF G08242463, ten o seu domicilio social e fiscal na av. Tibidabo, 17-19, 08022 Barcelona. 

MUTUA está inscrita co número dez no Rexistro de Entidades Colaboradoras da Seguridade Social do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. 

A dirección xeral de correo electrónico de contacto é info@mutuauniversal.net

 

I.- Aceptación de condicións

O usuario, ao completar os seus datos no servizo de Solicitudes de Prestacións de MUTUA, acepta a totalidade das súas condicións xerais de utilización do servizo aquí reflectidas, vixentes no momento da devandita aceptación.

MUTUA resérvase o dereito a modificar a presentación, configuración e condicións dos servizos prestados no seu servizo de Solicitudes de Prestacións (de agora en diante "Os Servizos").

Así mesmo, MUTUA poderá modificar as condicións de contratación dos "Servizos", en cuxo caso, porase en coñecemento de cada un dos usuarios rexistrados, para a súa aceptación. Sen a devandita aceptación, non será posible utilizar os servizos.

Cómpre destacar que os citados servizos non son accesibles para usuarios que non introduzan a información requirida no formulario.


II.- Datos de acceso de usuario e acceso aos servizos

II.1.- Recollida de datos de carácter persoal 

De conformidade co que se establece na normativa vixente en materia de protección de datos, Mutua Universal-Mugenat, MCSS Núm. 10 (de agora en diante Mutua Universal), con NIF G08242463, que actúa como Responsable de Tratamento, infórmalle que a lexitimación do tratamento dos seus datos é o cumprimento dunha obriga legal, e que se tratasen coas seguintes finalidades:

  • Xestión de prestacións 

Os seus datos gardaranse durante o prazo mínimo de conservación establecido pola lexislación vixente, así como para a atención das posibles responsabilidades xurdidas do tratamento e só durante o prazo de prescrición destas.

Así mesmo, os datos obxecto do tratamento poderán ser comunicados a organismos públicos, entre outros ao Instituto Nacional da Seguridade Social, á Axencia Tributaria ou á Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Informámolo/a de que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e/ou portabilidade dirixíndose ao delegado de protección de datos (DPD) de Mutua Universal mediante un correo electrónico a protecciondatos@mutuauniversal.net ou ben por correo postal ao seguinte enderezo: Av. Tibidabo, 17-19, (08022) Barcelona.

Ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), a través da súa páxina web: www.aepd.es

Pode consultar máis información na Política Protección de Datos da nosa páxina web.

II.2.- Rexistro de usuarios e acceso aos servizos

Para acceder a “Os Servizos” será requisito previo cubrir a información requirida no formulario de acceso ao servizo. O uso de “Os Servizos” ten carácter gratuíto. 

Unha vez a persoa introducise os datos requiridos, terá acceso a “Os Servizos”.

O usuario obrígase a exonerar a MUTUA de calquera responsabilidade que lle fóra esixida por uso non autorizado ou fraudulento do servizo.


III.- Condicións comúns aos "Servizos "

III.1.-Obxecto

Estas condicións teñen por obxecto regular a prestación dos "Servizos" por parte de MUTUA, así como a utilización destes polo usuario. 

III.2.-Segredo das comunicacións e protección de datos de carácter persoal

Na prestación dos "Servizos" MUTUA garante o segredo das comunicacións de conformidade co previsto no artigo 18.3 da Constitución Española. Para tal fin, MUTUA comprométese a non facilitar ningún dato relativo á identidade do usuario, nin aos seus datos persoais, a excepción dos supostos en que legalmente estea obrigado. 

MUTUA garante a confidencialidade da información transmitida polos usuarios para a prestación de servizos a través de “Os Servizos” de MUTUA, así como a observancia do previsto na normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal. Estes datos son recollidos por un servidor seguro, de xeito que estas comunicacións se realizan de forma cifrada a través da rede mediante protocolo cifrado, sen que ninguén poida ver ou capturar os datos introducidos. MUTUA garante a autenticidade do servidor ao que se conectan, evitando que este sexa suplantado por terceiros. 

O usuario recoñece ser informado de modo expreso, preciso e inequívoco, no momento da recollida dos seus datos de carácter persoal, dos dereitos de información que lle asisten de conformidade co previsto na normativa vixente relativa a protección de datos. 

Para a prestación de servizos a través de “Os Servizos” de MUTUA cómpre que o usuario proporcione a MUTUA determinada datos, MUTUA responsabilízase do cumprimento da normativa de protección de datos na súa condición de responsable do tratamento. Entre eles o correo electrónico, o cal o utilizaremos para que poida recibir comunicacións derivadas da súa solicitude de prestacións económicas así como documentación complementaria, por exemplo o “Certificado de retencións e ingresos a conta do IRPF”.

Para os efectos anteriores, MUTUA comprométese ao seguinte: A utilizar e aplicar os datos proporcionados polo usuario para os exclusivos fins da prestación de servizos solicitada polo usuario. A non comunicar nin ceder os datos a outra persoa, nin sequera para a súa conservación. A manter a máis absoluta confidencialidade sobre os datos persoais comunicados, así como os que resulten do seu tratamento. A gardar o segredo profesional dos datos e da prestación de servizo realizada. A adoptar as medidas de seguridade que correspondan en función dos datos a tratar, de conformidade coa normativa vixente. 

III.3.-Compromiso de veracidade e actualización de datos 

O usuario garante que, os datos facilitados a MUTUA para a prestación de “Os Servizos” solicitados, responden con veracidade á situación real e que comunicará calquera modificación que afecte aos mesmos. En consecuencia, o usuario responderá fronte a MUTUA e terceiros de calquera dano ou prexuízo ocasionado como consecuencia do incumprimento das obrigas asumidas nesta cláusula. 

III.4.-Aceptación e incorporación de condicións 

O usuario manifesta expresamente coñecer e aceptar plenamente e sen reservas, o contido das condicións xerais de acceso e uso do sitio web www.mutuauniversa.net incluídas no Aviso legal e, en particular, as relativas a exención de responsabilidade e reserva de dereitos en materia de propiedade intelectual e industrial a favor de MUTUA. 

O usuario manifesta expresamente coñecer e aceptar plenamente e sen reservas, o contido das condicións de subscrición incluída no formulario de acceso a “Os Servizos”. 

III.5.-Responsabilidade do usuario

O usuario comprométese a utilizar os "Servizos" de acordo coa lei, a moral, a saúde, a orde pública e os bos costumes xeralmente aceptados, e a manter indemne a MUTUA de toda reclamación derivada do incumprimento de calquera das devanditas obrigas. 

O usuario garante que posúe a titularidade, lexitimidade ou dereitos necesarios para o uso de cantos datos, gráficos, sinaturas, marcas, símbolos ou calquera outro signo que este inclúa no contido da comunicación que transmita para a prestación de servizos por MUTUA. En consecuencia, obrígase a manter indemne a MUTUA de calquera reclamación derivada do incumprimento das devanditas obrigas. 

O usuario obrígase a utilizar os datos, textos, imaxes, informacións, gráficos ou ligazóns postos no sitio web para os exclusivos fins da contratación dos "Servizos", tanto se a titularidade corresponde a MUTUA, como a terceiros, e a non modificala, reproducila ou distribuíla en calquera forma. Con esta finalidade obrígase a manter indemne a MUTUA de calquera reclamación por vulneración de dereitos de propiedade intelectual, industrial, de protección de datos, dereitos fundamentais ou calquera outro que puidese resultar prexudicado como consecuencia do incumprimento destas obrigas. 

III.6.-Utilización de cookies 

A fin e efecto de monitorizar e mellorar a experiencia de usuario de “Os Servizos”, o usuario acepta a utilización de cookies analíticas de terceiros por parte de MUTUA. O detalle das mesmas encóntrase descrito na Política de Cookies

III.7.-Lexislación aplicable e xurisdición

 A prestación de servizos regulada nestas condicións, rexerase pola lexislación española. As partes sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais da provincia de Barcelona (España).