Substancias Perigosas e CLP
O Regulamento CLP regula a clasificación, etiquetaxe e envasado dos produtos químicos perigosos.
Este regulamento modificou o sistema de etiquetaxe de produtos químicos en 2010 para as substancias, e en 2015 engadíronse tamén as mesturas.
Mutua Universal ofrece diversos recursos e ferramentas de apoio á sensibilización e coñecemento da nova etiquetaxe.
Coñece e aprende a interpretar a información das etiquetas dunha forma diferente co noso videoxogo CLPplay.
CLPplay ®

O videoxogo CLPplay é unha aplicación interactiva, lúdica e informativa que permite aos usuarios de produtos químicos no medio laboral coñecer, asimilar e lembrar facilmente o novo regulamento de etiquetaxe (CLP).
O sistema de etiquetaxe de produtos químicos modificouse en 2010 para as substancias, e en 2015 engadíronse tamén as mesturas, pasando a substituír definitivamente as anteriores etiquetas. CLPplay é un complemento para facilitar a formación dos traballadores sobre o novo sistema.
O obxectivo é axudar os traballadores a memorizar os novos pictogramas e frases H das etiquetas dos produtos químicos, asociándoos ao seu significado.
Está dirixido a traballadores e mandos das empresas asociadas que manipulan produtos químicos.