Non estamos sos
Illados e conectados

Publicado o: 16/03/2020
Non estamos sos
  • Por veces, o espazo físico dispoñible na casa para organizar as rutinas de todos pode resultar axustado. Se é este o caso, deberedes falar e negociar ao respecto. Os espazos diferenciados deben ser respectados por todos.
  • Se hai espazos que necesariamente deben ser utilizados por quenda, mantede visible para todos a organización de tempos.
  • Repartide as tarefas que hai que realizar na casa (os nenos tamén deben participar, en certo grao). Se hai posibilidade de rotaras cada certo tempo, evitarás a sensación de monotonía e xerarás percepción de utilidade.
  • Pensa tanto no que dis, como en como diso; especialmente en situacións difíciles. Axudarache a evitar conflitos
  • Estar illado non significa estar só. Mantén contacto con familiares, amigos, … aproveita a tecnoloxía!: videochamadas, Skype.
  • Comparte con eles tanto aquelas circunstancias que aínda tes que resolver, como as que xa xestionaches con éxito. Sodes unha rede de apoio recíproco!

Recuerda: todas as rutinas réxense polas medidas de protección e hixiene prescritas polas autoridades sanitarias. Temos que afrontar a realidade e ser responsables seguindo as súas recomendacións, facendo o correcto como ata agora.