Prevención do risco cardiovascular na empresa

Publicado o: 14/03/2018

As enfermidades cardiovasculares representan un alto risco para a saúde por afectar ao corazón e ao sistema circulatorio, motores de todo o organismo. A idade, os antecedentes familiares e o xénero son factores de risco común a todos, que non podemos controlar e que inflúen no desenvolvemento de enfermidades como o infarto de miocardio, a anxina de peito, ou accidentes vasculares cerebrais. A maior idade, maior risco, principalmente a partir dos 45 anos. A carga xenética aumenta as probabilidades e os homes sofren máis infartos que as mulleres, aínda que a mortalidade é maior entre as mulleres.

Segundo a Organización Mundial da Saúde, as enfermidades cardiovasculares son a primeira causa de morte nos países desenvolvidos. En España é a primeira causa de morte por accidente laboral en xornada. 

Prevención do risco cardiovascular na empresa

Control e coidado

A calculadora de risco cardiovascular permite estimar o risco dun acontecemento coronario (anxina, infarto de miocardio con ou sen síntomas, mortal ou non) a 10 anos. Baséase en estudos epidemiolóxicos que teñen en conta os factores de risco cardiovascular, idade, sexo, tabaco, diabete, colesterol total, colesterol hdl, tensión arterial e glicemia. Para calcular o risco, cómpre ter os valores analíticos que se solicitan.