Riscos de accidente “in itinere” e “in misión”
As causas dun accidente “in itinere” (o que se sofre ao ir ou volver do lugar de traballo) ou “in Misión” (o tido no traxecto que se realiza para o cumprimento dunha misión ou no desempeño da mesma dentro da xornada laboral), poden ser ser diversas: fallos técnicos do vehículo, factores atmosféricos, factores asociados ao deseño ou ao estado da vía pública, fallos humanos como problemas físicos, psíquicos, estados psicofísicos transitorios, exceso ou falta de experiencia con respecto ao vehículo ou á vía, condutas que interfiren a condución, distraccións, etc.
Respecta os límites de velocidade máxima establecidos segundo o tipo de vía pola que circulas e respecta todos os sinais de circulación e as indicacións dos axentes de tráfico. Cumpre coa normativa con respecto ás inspeccións técnicas de vehículos (ITV). Comproba de forma regular o funcionamento axeitado dos dispositivos de sinalización do vehículo, así como o estado dos freos, pneumáticos (que deben ter a presión correcta e o debuxo con profundidade nas rodas para evacuar a auga da chuvia), a batería, o nivel do anticonxelante e as vasoiriñas dos limpiaparabrisas, a bucina, etc.; iso, ademais das postas a punto recomendadas.
Riscos de accidente in itinere e in mision
Descargar