Prevención do risco durante o embarazo e a lactación. Bipedestación

Publicado:  20/01/2016

Durante o embarazo a muller experimenta unha serie de cambios fisiolóxicos que poden afectar ao seu traballo.

Estar de pé de maneira prolongada pode acentuar os problemas circulatorios nas pernas, a sobrecarga na zona lumbar e aumentar a fatiga. Para evitalo recoméndase permanecer de pé menos de 4 horas seguidas e estar menos de 1 hora seguida en posición fixa sen desprazarse.

 

A finais de 2011, o INSHT publicou o documento “Directrices para a avaliación de riscos e protección da maternidade no traballo” para axudar o empresario e ao seu servizo de prevención a levar a cabo estas misións.

Bipedestación

Descargar