Exposición ao ruído
Publicado: 14/12/2015
As lesións producidas no aparello auditivo dependen da intensidade e da frecuencia do ruído, así como do tempo de exposición. Hai que ter en conta que os ruídos agudos son máis lesivos para o oído.
O ruído, incluso a pequenos niveis (disconfort), tamén pode desencadear estrés, que pode provocar alteracións da saúde e ademais diminuír a capacidade de atención e concentración no traballo, que pode ser a causa dun accidente.