Boas prácticas durante o embarazo e a lactación
Publicado: 20/01/2016
Durante o embarazo a muller experimenta unha serie de cambios fisiolóxicos que poden afectar ao seu traballo.
Para protexer tanto a muller coma o futuro bebé cómpre adaptar o posto de traballo e as tarefas a esta nova situación. Aquelas tarefas que realice a muller embarazada ou en período de lactación que comporten riscos específicos deben revisarse e acondicionarse.
Se as condicións de traballo son axeitadas, o traballo non debe supor un risco para o embarazo ou a lactación. Para iso o punto esencial é a
avaliación de riscos, xa que constitúe o punto de partida da acción preventiva e que debe incluír os riscos para a maternidade.
Boas prácticas durante o embarazo
Descargar