Investigación de incidentes
A investigación dos incidentes na empresa é unha obriga cando hai danos para a saúde das persoas traballadoras, pero tamén é unha magnífica oportunidade para aprender deles e mellorar

A investigación dun incidente é unha obriga cando hai danos para a saúde das persoas traballadoras, pero tamén é unha magnífica oportunidade para aprender e mellorar. É a busca das causas que provocaron un incidente para poder aplicar medidas correctoras que impidan que volva ocorrer.
Neste documento facilitámosche unhas pautas e impresos para que a túa empresa estea en disposición de investigar os incidentes e recolleros nun informe que facilite o seu rexistro e seguimento.