Revisión da prestación de cesamento de actividade compatible co traballo por conta propia dos traballadores autónomos (POECATA4)
Establecida no artigo 7 do Real decreto-lei 11/2021 do 27 de maio, sobre medidas urxentes para a defensa do emprego, a reactivación económica e a protección dos traballadores autónomos.
Os requisitos que debe cumprir o traballador autónomo son os seguintes:
- Cumprir cos requisitos establecidos nos apartados a), b), d) e e) do artigo 330.1 do TRLGSS
- En caso contrario, deberá:
- Vir percibindo a prestación por cesamento de actividade compatible co traballo por conta propia regulada no artigo 7 do Real decreto-lei 2/2021, do 26 de xaneiro e non esgotar os períodos de prestación previstos no artigo 338.1 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro.
- Dispor de 12 meses de cobertura RETACEA (art. 338 do RDL 8/2015, de outubro) non computados para o recoñecemento dun dereito anterior da mesma natureza (POECATA / POECATA 2 / POECATA 3).
- Non cumprir a idade ordinaria para causar dereito á pensión contributiva de xubilación, non sendo que o traballador autónomo non tivese acreditado o período de cotización requirido para iso.
- Acharse ao corrente de pagamento das cotas da seguridade social. Se na data da prestación da solicitude non se cumprise o requisito de estar ao corrente no pagamento das cotizacións, convidarase ao pagamento ao traballador autónomo para que no prazo improrrogable de trinta días naturais ingrese as cotas debidas.
- Acreditar unha redución na facturación no segundo e terceiro trimestre de 2021 de máis do 50 %en relación co segundo e terceiro trimestre de 2019.
Para xustificar esta redución os autónomos terán que presentarnos:
▪ Copia do modelo 303 de autoliquidación do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), correspondente ás declaracións do segundo e terceiro trimestre de 2021 e de 2019.
▪ Copia do modelo 130 correspondente á autoliquidación en pagamento fraccionado do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) do primeiro, segundo e terceiro trimestre de 2021 e de 2019.
▪ Os traballadores autónomos que tributen no imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) por estimación obxectiva, modelo 131, deberán presentar a documentación necesaria para acreditar os ingresos esixidos neste precepto.
▪ Non obter durante o segundo e terceiro trimestre do ano 2021 uns rendementos netos superiores a 7.980 euros.
▪ No caso de que o traballador autónomo teña un ou máis traballadores ao seu cargo, deberá acreditarse, ao tempo de solicitar a prestación, o cumprimento de todas as obrigas laborais e da Seguridade Social que teñan asumidas. Para facelo, emitirá unha declaración responsable e poderá ser requirido pola Mutua Universal para achegar os documentos precisos que acrediten este punto.
▪ A prestación de cesamento de actividade poderá ser compatible co traballo por conta allea, sendo as condicións aplicables neste suposto as seguintes:
- Os ingresos netos procedentes do traballo por conta propia e os ingresos procedentes do traballo por conta allea non poderán superar 2,2 veces o salario mínimo interprofesional. Na determinación deste cómputo, os ingresos procedentes do traballo por conta allea non superarán 1,25 veces o importe do salario mínimo interprofesional.
- Xunto coa solicitude, presentarase unha declaración xurada dos ingresos que se perciben como consecuencia do traballo por conta allea, sen prexuízo da obriga que asiste de presentar un certificado de empresa e a declaración da renda á Mutua Universal.
A prestación recoñeceuse a partir do 1 de xuño de 2021 se se realizou a solicitude antes do 21 de xuño, ou con efectos desde o día seguinte á solicitude se se realizou despois dese día e durou ata o 30 de setembro de 2021.
O traballador autónomo, durante o tempo que percibiu a prestación, tivo que ingresar na Tesouraría Xeral da Seguridade Social a totalidade das cotizacións aplicando os tipos vixentes á base de cotización correspondente. Esta mutua aboou ao traballador, xunto coa prestación por cesamento de actividade, o importe das cotizacións por continxencias comúns que lle correspondese ingresar se o traballador autónomo estivese sen desenvolver ningunha actividade, en aplicación do disposto no artigo 329 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro.
Táboa resumo artigo 7 RD - Lei 11/2021
Todas as comunicacións que se fagan remitiranse ao enderezo electrónico que se indicou no seu momento no propio formulario de solicitude da prestación, xa sexa por correo electrónico (resolucións favorables) ou a través de notificación electrónica (trámites de audiencia e posteriores resolucións de emenda de diferenzas ou denegación da prestación).
En caso de non constar apertura da notificación electrónica remitirase burofax para garantir que se realice o maior volume de trámites de audiencia.
Na notificación que se recibiu, na parte superior do documento está o ID de emenda, co que se poderá acceder ao trámite web, xunto co número de documento de identidade.
No mesmo documento, detállase o motivo polo cal a súa prestación foi revisada e se detectou unha serie de incidencias que poderían afectar ao cumprimento dos requisitos legalmente establecidos ou aos importes aboados. A notificación recibida informa da apertura do trámite de audiencia, dispondo dun prazo de 10 días hábiles para presentar a documentación indicada en cada apartado e poder formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas (lémbrase que non se teñen en conta os sábados, domingos e festivos para o cómputo de días).
No caso de que se queira renunciar a este trámite de audiencia, ou se no prazo de 10 días hábiles non se achegou a documentación ou formuladas alegacións, procederase á emisión de resolución definitiva, ditando acordo denegatorio ou de concesión definitiva, pero con importes indebidos da prestación, reclamando os importes que percibiron no seu día.
Se se necesita saber máis información sobre a documentación que é preciso achegar para emendar a incidencia, no documento da notificación que se recibiu por correo electrónico figura a persoa xestora que o poderá axudar en todo momento.
Real decreto Lei 11/2021, do 27 de maio, sobre medidas urxentes para a defensa do emprego, a reactivación económica e a protección dos traballadores autónomos