aerosois
En ambientes interiores os aerosois acumúlanse se non existe unha ventilación axeitada, por iso o risco de contaxio de COVID-19 nestes ambientes é superior ao risco no exterior e as autoridades informan que sempre é preferible realizar todas as actividades que se poida no exterior.
Para reducir a cantidade de aerosois xerados nos espazos cerrados debemos limitar aforamentos, utilizar máscaras, rebaixar as conversacións e o ton. E para controlar o risco de contaxio, as medidas de control pasan por: usar a máscara ben axustado, reducir o tempo de permanencia no espazo cerrado, aumentar a distancia interpersoal e, sobretodo, ventilar (achegar aire novo e limpo) para eliminar ou reducir a presenza de aerosois no ambiente.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) elaborou un vídeo onde explícase a importancia do control da vía de transmisión aérea mediante unha ventilación axeitada.