Situación radon
O radon xérase no subsolo, ascende á superficie e entra no interior das edificacións dependendo do tipo de construción, xa sexan vivendas ou lugares de traballo.
O gas radon, ao ser máis denso que o aire, unha vez no interior do edificio tende a acumularse en subterráneos e plantas baixas.
O Consello de Seguridade Nuclear (CSN) ofrece o mapa do potencial de radon coas zonas de España de actuación prioritaria, aquelas con potencial de radon superior a 300 Bq/m3:
Municipios de actuación prioritaria
O CSN definiu como municipios actuación prioritaria os clasificados como zona II polo apéndice B da sección DB HS-6 do Código Técnico de Edificación. Neles, a presenza de radon pode chegar a ser elevada no interior dos edificios que non foron construídos coas medidas axeitadas.
As empresas situadas nestes termos municipais deben realizar medicións de radon nas plantas baixas e sotos dos seus centros de traballo.
Consulta a lista de municipios de Zona II: Disposición 18528 do BOE núm. 311 de 2019