Tapiz rodante antigravidade Alter-G
Trátase dunha ferramenta médica que permite un control total do peso corporal soportado na extremidade inferior mediante o uso de aire nunha cámara de presión controlada para erguer suavemente o usuario. Utilizando unha calibración precisa, permite unha redución de peso moi específica que vai do 100% ao 20% do peso corporal do usuario en incrementos do 1%. Algo que ningún outro sistema de redución de peso pode facer.

Característica diferenciadora
Outro tipo de rehabilitación, como a terapia en auga, xa nos permite reducir o impacto articular, pero con dous hándicaps importantes. Non é posible cuantificar a cantidade de peso que reducimos, e ademais a trasferencia do medio acuático ao terrestre representa un cambio realmente importante e polo tanto o aumento progresivo da carga non é posible. Outra característica esencial é a liberdade de movementos da extremidade inferior, que pode moverse con total liberdade, así como a parte superior do tronco, polo que a sensación de correr é totalmente real. Doutra banda, en lesións onde están comprometidos estabilidade e equilibrio o paciente percibe unha sensación de seguridade alta, reducindo así o risco de caída.
Indicacións
- Rehabilitación de lesións nas extremidades inferiores (fracturas, postoperatoria afectación meniscal, ligamentoso e catilaxinoso, edemas ousevos, síndrome rexional complexo…)
- Tratamento de lesións neurolóxicas (ACV, lesión medular, pacientes neuromusculares con musculatura feble, prevención de caídas por problemas de estabilidade…)
- Patoloxía lumbar (fracturas vertebrais, hernia discal, osteoporose…)
- Mantemento xeral para loitar contra as enfermidades na terceira idade.
Obxectivos
- Permite a protección dos tecidos danados.
- Aumenta o rango de movemento.
- Comezo adiantado da volta á actividade física.
- Prevén a atrofia por desuso.
- Anima a un retorno máis rápido do control motor.