Somos o teu socio en saúde

Publicado o: 09/11/2015

Prestamos os servizos atribuídos ás mutuas mediante a aplicación dun modelo propio de xestión que asegura a maior calidade asistencial e contribúe á mellora da competitividade das empresas.

O noso modelo de xestión baséase hoxe nos valores de ca­lidade asistencial, profesionalidade na relación cos asociados, eficiencia na xestión dos recursos dispoñibles e integridade en todas as accións. 

Universalidade, excelencia, innovación e proximidade constitúen os piares da nosa actuación.

Universalidade

Ao lado de todas e cada unha das empresas e traballadores que precisan asistencia, estean onde estean

  • Garantimos unha cobertura médica e sanitaria excelente a todos e cada un dos nosos pacientes.
  • Dispomos da Clínica En liña, un modelo propio de telemedicina que garante o acceso do paciente ao mellor especialista, encóntrese onde se encontre.
  • Prestamos servizo independentemente da súa situación xeográfica, grazas á nosa extensa rede de centros asistenciais e o sistema de telemedicina.
  • Adaptamos os nosos servizos e produtos a todos os sectores de actividade.

Excelencia

Vocación irrenunciable de ofrecer o mellor servizo e a maior calidade asistencial

  • Somos especialistas en saúde laboral, con profesionais de alta cualificación e os medios máis avanzados.
  • Participamos na competitividade das empresas mediante a redución da sinistralidade e o control e seguimento da incapacidade temporal.
  • Contribuímos ao benestar dos traballadores e as súas familias.
  • Dispomos de servizos de medicina avanzada e técnicas innovadoras que contribúen á recuperación do traballador e axilizan a súa reincorporación.

Innovación

Un modelo de presente e futuro, capaz de anticipar necesidades e darlles resposta

  • Desenvolvemos a nosa vocación de investigación e desenvolvemento de tecnoloxías e técnicas propias.
  • Melloramos continuamente a nosa capacidade de resposta, flexibilidade e calidade.
  • Estamos ao servizo da calidade asistencial pero tamén da mellora da xestión e a axilización de trámites.
  • Aplicamos a innovación á prevención da sinistralidade mediante servizos como o Laboratorio de ergonomía.

Proximidade

Atención próxima e eficiente a empresas e traballadores

  • Desenvolvemos un modelo de xestión de proximidade que achega eficiencia á asistencia.
  • Contamos cunha extensa rede de centros, con presenza en todas as provincias españolas.
  • Achegamos valor a mutualistas, traballadores protexidos, empregados e sociedade en xeral grazas á proximidade co territorio e ao coñecemento das súas necesidades.
  • Ofrecemos unha atención personalizada de en cada caso, mediante o médico titor e e o interlocutor único.