Solicitude de prestación de pagamento directo por incapacidade temporal 12/18 meses

Publicado o: 26/01/2026

En virtude dos artigos 169 e 170 do Real decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, o pagamento directo da incapacidade temporal 12/18 meses consiste en que a mutua colaboradora coa Seguridade Social aboa directamente á persoa traballadora que se encontre de baixa médica , xa sexa por continxencia común ou profesional, o pagamento correspondente á prestación económica por incapacidade temporal a partir dos 365 días (desde que a inspección médica do Instituto Nacional da Seguridade Social iniciase expediente de Incapacidade Permanente) ou a partir dos 545 días en caso de esgotamento da Incapacidade Temporal.

Desde o día que determine a resolución que dite o referido organismo, cesará a colaboración obrigatoria da empresa no pagamento da prestación por incapacidade temporal (modalidade denominada pagamento delegado), polo que pasará a ser directamente a mutua colaboradora coa Seguridade Social a que aboe o subsidio correspondente (modalidade de pagamento directo) durante o período que transcorra desde a data de efectos da citada resolución do INSS ata a alta. 

Quen pode solicitar esta prestación?

Poderán solicitar o pagamento directo por incapacidade temporal 12/18 meses as persoas traballadoras protexidas por Mutua Universal que se atopen nunha situación de baixa médica, tanto se se trata de continxencia común como profesional, nos seguintes supostos:

  • A partir dos 365 días en situación de incapacidade temporal, sempre e cuadno a inspección médica do Instituto Nacional da Seguridade Social iniciase expediente de proposta de Incapacidade Permanente, desde o día que determine a resolución do INSS e durante o período que transcorra desde a data de efectos da citada resolución ata a alta ou a partir dos 545 días en caso de esgotamento da Incapacidade Temporal.

Tramita a prestación totalmente en liña a través da túa Zona Privada Persoal