Recoñecemento da prestación económica por maternidade: paternidade biolóxico dun matrimonio entre dous homes por xestación subrogada

Temas: Lexislación | Tipos: Artigo
Publicado o: 06/03/2017

A lexislación sempre vai por detrás dos cambios na sociedade. É por iso que os novos modelos de familia actual non encontran sempre un marco legal que regule completamente a súa situación e as súas necesidades.

A sentenza analizada determina se ten ou non dereito á prestación por maternidade un traballador que é o proxenitor rexistral de dous nenos xemelgos nados mediante técnicas de reprodución asistida dunha nai biolóxica que renunciou á súa filiación, sendo o seu marido o que aparece como o outro proxenitor rexistral dos nenos, obtendo este último a prestación por paternidade.

Recoñecemento da prestación económica por maternidade: paternidade biolóxico dun matrimonio entre dous homes por xestación subrogada

Trátase dun matrimonio entre dous homes, os cales recorren a técnicas de reprodución asistida e a unha xestación subrogada (ventre de alugamento) en os Estados Unidos para ser pais. Os dous fillos nados son inscritos no Rexistro Consular da Ángeles constando ambos os dous como proxenitores e aparecendo ambos os dous cónxuxes no libro de familia como pais dos xemelgos. Un deles solicita a prestación por paternidade e élle concedida, mentres que o outro solicita a prestación de maternidade e élle denegada polo Instituto Nacional da Seguridade Social e polo Xulgado do social. 

O artigo 177 do vixente texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social establece que “Para os efectos da prestación por maternidade …, considéranse situacións protexidas a maternidade, a adopción, a garda con fins de adopción e o acollemento familiar, …”

O Instituto Nacional da Seguridade Social, efectuando unha interpretación estrita da normativa vixente, denega a prestación de maternidade xa que a lexislación española non contempla esta situación como protexida e, ademais, prohibe a xestación por substitución. En concreto a Lei 14/2006, do 26 de maio, sobre técnicas de reprodución humana asistida no seu artigo 10, establece que “será nulo de pleno dereito o contrato polo que se conveña a xestación, con ou sen prezo, a cargo dunha muller que renuncia á filiación materna a favor do contratante ou dun terceiro”.

El Alto Tribunal na súa sentenza entende que a nulidade de pleno dereito do contrato de xestación por substitución, non supón que os menores nados nesas circunstancias sexan prexudicados pola nulidade do contrato e véxanse privados, en consecuencia, de determinados dereitos. Na normativa laboral existen supostos en que negocios xurídicos viciados de nulidade producen efectos, por exemplo, o traballador que ten dereito ao salario polo tempo traballado aínda cando o contrato laboral fose nulo.

Con anterioridade a Sentenza da Sala Primera do Tribunal Supremo na súa sentenza do 6 de febreiro de 2014, recurso 245/2012 considerou que “O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, ao interpretar o art. 8 do Convenio Europeo para a protección dos Dereitos Humanos e as Liberdades Fundamentais, considerou que alí onde está establecida a existencia dunha relación de familia cun neno, o Estado debe actuar co fin de permitir que este vínculo se desenvolva e outorgar protección xurídica que faga posible a integración do neno na súa familia”.

Neste caso, os xemelgos nados dun ventre de alugamento forman un núcleo familiar cos pais rexistrais, quen lles prestan atención e coidados parentais, motivo polo que se debe de protexer este vínculo, sendo a prestación por maternidade o medio idóneo para iso. De non outorgarse esta prestación produciríase unha discriminación no trato dos menores por motivo da súa filiación, contravindo o principio de igualdade do artigo 14 da Constitución e o artigo 39.2 da Carta Magna “Os poderes públicos aseguran, así mesmo, a protección integral dos fillos, iguais estes ante a lei con independencia da súa filiación…”.

Doutra banda, é preciso ter en conta que tanto o art. 48.4 do Estatuto dos traballadores como os artigos 177 e 178 do vixente texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social ao regular a prestación por maternidade, non fan se non cumprir o mandato constitucional de protección á familia e a infancia.

Así pois, en conclusión, el Alto Tribunal interpreta as normas sobre prestacións de maternidade á luz da realidade social do tempo en que teñen que ser aplicadas e atendendo ao espírito e finalidade das mesmas.  E é por todo iso que entende o Tribunal Supremo que ao pai biolóxico (por xestación subrogada) dos menores, o cal canda o seu cónxuxe (ao que se lle recoñece a prestación por paternidade) atende e ten coidado dos menores, debe de recoñecerselle o dereito á prestación por maternidade como única forma de protexer integralmente o vínculo familiar e aos fillos, os cales deben gozar de iguais dereitos independentemente da súa filiación.