Queres acreditarche como empresa saudable?
Actualmente diferenciamos entre a acreditación pública e a acreditación privada. Ambas as dúas acreditan ás empresas/organizacións que teñen integrado na súa cultura algún modelo de xestión que lles proporciona ferramentas para implantar estratexias encamiñadas a promover a saúde no ámbito laboral.
As empresas privadas proporcionan sistemas de xestión propia que son certificables de acordo cuns criterios de avaliación deseñada por cada certificadora.
Desde o punto de vista público, o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo dispón dun procedemento de acreditación gratuíto que consta de dous partes:
- En primeiro lugar débese realizar a adhesión á Declaración de Luxemburgo, que reflicte o compromiso da empresa a iniciar estratexias orientadas á promoción da saúde no traballo.
- En segundo lugar, procédese ao recoñecemento de boas prácticas en promoción da saúde no traballo. Este paso está dirixido a aquelas empresas xa adheridas á Declaración de Luxemburgo que cumpran os criterios de calidade elaborados pola European Network For Workplace Health Promotion (ENWHP). Estas organizacións, poden solicitar o recoñecemento e a acreditación como empresa saudable.