Quen e como?
Con que equipo presencial mínimo de persoas débese dispor para manter o proceso produtivo.
É unha reflexión que permitirá dimensionar o equipo de traballo presencial, o de teletraballo, establecer quendas, relevos, suplencias, acomodar distancias de seguridade, prever concorrencias, etc.
As principais recomendacións son:
Teletraballo
É a medida máis segura, establecer sistemas de traballo a distancia sempre que sexa posible. Manter e ampliar na medida do posible esta modalidade de traballo.
Organización do traballo e horarios
Establecer horarios e quendas especiais para reducir o número de persoas traballadoras presentes ao mesmo tempo nos lugares de traballo. Flexibilizar horarios para evitar aglomeracións de persoas nas entradas e saídas.
As persoas
Máis que nunca, vixiar a saúde das persoas traballadoras, cal é o seu estado actual de saúde, se son persoal especialmente sensible fronte ao COVID-19, se xa padeceron a enfermidade. A persoa que mostre síntomas como febre, tose, dificultade respiratoria, dor de gorxa, non debe acudir a traballar permanecendo na súa casa. Valorar a posibilidade de establecer controis de temperatura ao acceso ao centro. Establecer canles de comunicación fluídas sobre o estado de saúde do colectivo, necesario para identificar e coutar os posibles casos de COVID-19 maneira rápida.
Como desprazarse ao centro
Estudar e organizar os desprazamentos ao traballo para fomentar as viaxes en coche en solitario ou en transporte que permita a distancia de seguridade.
Provedores e outros
Coordinarse con contratas e empresas de traballo temporal (ETT) no referente ás medidas adoptadas e avaliación do risco do persoal afectado. Reducir visitas e reunións presenciais.