Que son as actividades de sensibilización específicas?

Publicado o: 14/01/2016

Actividades de sensibilización

As actividades de sensibilización en relación á prevención teñen como obxectivo conseguir un grao de concienciación axeitado fronte aos riscos relacionados, implantar unha cultura preventiva e complementar as accións técnicas que se levan a cabo nos diferentes postos de traballo.

As actividades de sensibilización en prevencíon clasifícanse en: campañas, charlas informativas nas empresas, programas de xeración de boas prácticas e Circuíto Universal (circuíto de actividades dispostas segundo un percorrido de temas progresivos sobre hábitos saudables).