Que podemos facer?

Expresar a dor axúdanos a liberaro e a deixaro atrás.
- Estamos illados, pero non sos, busca apoio no teu círculo de confianza, usando a tecnoloxía, unhas palabras de cariño son como unha caricia e mitigan a soidade.
- Podes necesitar estar contigo, faino, pero evita illarche.
- Coida o que compartes en redes sociais, evita noticias falsas que xeran intranquilidade e temor.
- Reserva momentos do día para desafogar a dor. Realizar exercicios de Atención Plena (mindfulness) cada día, pode axudarche a ter calma.
- Mantén hábitos de autocoidado e realiza actividades, aínda que o recordo este sempre presente.
- Pode axudarche o realizar algún ritual de despedida ou acto simbólico por sinxelo que sexa, por vía telemática ou na intimidade. Facilita a elaboración da perda.
- Lembra que esta situación é temporal e máis adiante poderás realizar o acto de despedida que che gustase.
- Coidache e deixache coidar polos demais, se o malestar persiste ou empeora consulta cun profesional da saúde.
- Se hai nenos no medio familiar comunicarlles a noticia pode preocuparnos. como podémolo facer?
- Podemos explicar a verdade, os feitos, usando palabras simples e axeitadas á súa idade; evitando detalles innecesarios ou que lles poidan confundir.
- Transmitelles seguridade cunha actitude próxima e nun ton tranquilizador.
- Eles tamén necesitan participar dalgunha maneira do dó familiar e despedirse desa persoa (facerlle un debuxo, cantarlle unha canción, etc.)
- Escoitalles, failles sentir arroupados e comprendidos. Presta atención ás súas preguntas axudandolles a expresar os seus sentimentos.
Podemos sentirnos tristes ou culpables por non haberlle acompañado, pero lembra que este acto de renuncia evita o contaxio e protexe aos demais. Ten presentes os moitos momentos compartidos ao longo de toda a vida. A dor non durará sempre pero o recordo e o amor por esa persoa, si.