Que é Benestar Universal de Mutua Universal

Publicado o: 23/08/2024

"Benestar Universal" é o nome do programa de promoción da saúde e de hábitos saudables de Mutua Unviersal que permite xestionar a saúde e o benestar dos cadros de persoal e a sostibilidade das organizacións adaptandose ás necesidades, características, obxectivos e nivel de desenvolvemento ou alcance que cada empresa desexe.

Integrar dentro da cultura das organizacións o sistema de xestión deseñado por Mutua Universal achega:

  • Unha visión integral da organización.
  • Seguridade na toma de decisións.
  • Axilidade na implantación de campañas de saúde.
  • Priorización das accións de saúde.
  • Indicadores de saúde.