Programas de colaboración para a redución da sinistralidade

Publicado o: 14/12/2015

Os nosos programas, encadrados dentro das actuacións que se derivan do Real decreto 860/2018, do 13 de xullo, polo que se regulan as actividades preventivas da acción protectora da Seguridade Social, están dirixidos a empresas que presentan índices por riba da media sectorial ou unha evolución ascendente e sostida da sinistralidade laboral durante varios anos consecutivos.

Dan resposta a un problema para a empresa que afecta directamente á súa produtividade e rendibilidade.

As actuacións desenvolvidas dentro dos programas complementan, sen substituír, as obrigas directas que a persoa empresaria asume, a través da súa modalidade preventiva, en cumprimento do que se establece na Lei 31/95 de prevención de riscos laborais.