Política de privacidade

Mutua Universal Mugenat, con domicilio social en Barcelona (08022), Avenida Tibidabo 17-19, informa os usuarios de seu “web-site”, acerca da súa POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL.

Política de privacidade

Todos os datos facilitados a través de formularios electrónicos e / ou mediante correo electrónico serán tratados con estrita confidencialidade de acordo coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal, e polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da devandita Lei.

Informámoslle que ten vostede dereito de acceso ao ficheiro, rectificación e cancelación dos seus datos, podendo exercitar tales dereitos enviando por escrito unha solicitude dirixida á “Comisión de Protección de Datos” ao enderezo avenida Tibidabo, 17-19, 08022 Barcelona.

Os datos solicitados son os estritamente necesarios, axeitados e pertinentes para a correcta identificación do remitente, levar a cabo tarefas básicas de administración e envío de informacións sobre Mutua Universal. Mutua Universal, con domicilio social situado na avenida Tibidabo, 17-19, 08022 Barcelona, é a titular da base de datos.


Consentimento do remitente

Mediante o envío dos formularios existentes nestas páxinas web ou mediante o envío dunha mensaxe de correo electrónico, o remitente presta o seu consentimento ao tratamento automatizado dos datos incluídos nel, incluído o trato que lle poidan dar os provedores ou terceiras compañías subcontratadas para os diferentes servizos que ofrece esta web.


Responsabilidade

Mutua Universal rexeita a responsabilidade sobre a información contida en páxinas web de terceiras persoas conectadas por ligazóns (links), co sitio web de Mutua Universal (mutuauniversal.net). Mutua Universal non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se puidesen producir polo feito de utilizar ordenadores infectados con virus informáticos ou das consecuencias que puidesen derivar do mal funcionamento do navegador ou polo uso de versións non actualizadas deste. A reprodución, copia, uso, distribución, comercialización, comunicación pública ou calquera outra actividade que se poida facer coa información contida nestas páxinas web e que se realice sen autorización de Mutua Universal, é unha infracción que castiga a lexislación vixente.