Plataformas de información
Canda a mellora da calidade asistencial e o desenvolvemento dun modelo de Saúde Integral, a aplicación das tecnoloxías da información tamén nos permiten ofrecer novas canles de comunicación coas empresas asociadas, tanto para a xestión personalizada de trámites como mediante plataformas de coñecemento permanentemente actualizadas.
www.paroparautonomos.com
Inclúe a normativa que regula a prestación de desemprego para autónomos, así como instrucións sobre como tramitala e un simulador de cotizacións e prestacións.

bonusprevencion.com
Información sobre o sistema de incentivos pola diminución e prevención da sinistralidade laboral con formularios interactivos e asistencia ante calquera dúbida.

mutuasaccidentestrabajo.com
Unha web pensada para que poidas resolver de forma rápida e simple calquera dúbida que teñas sobre unha mutua de accidentes de traballo en relación coa túa empresa, onde encontrarás toda a información que necesitas no teu día a día:
- Conceptos legais básicos que se actualizan permanentemente
- Descrición simple e intuitiva do marco relacional entre a Seguridade Social, as mutuas e a empresa
- Información práctica para utilizar os sistemas Red, Delt@ e CoNta.
Só te tes que rexistrar na web para acceder a toda a información.
