Plan de RSC e Sostibilidade 2021-2024
“Actuando no presente, pensando no futuro”, porque asumimos a definición de Sostibilidade de garantir as necesidades do presente sen comprometer ás futuras xeracións, sen renunciar a ningún dos tres piares esenciais: a protección ambiental, o desenvolvemento social e o crecemento económico.
A través do Plan de RSC e Sostibilidade 2021-2024 queremos avanzar cara a unha transformación sostible e reforzar os aspectos ambientais, sociais, éticos e de bo goberno corporativo (ASG) na nosa xestión diaria.

O Plan ten 4 eixes de compromiso de RSC, pondo o foco na saúde :
- Xente saudable: comprometémosnos coa saúde e o benestar das persoas dentro e fóra do ámbito laboral.
- Entidade saudable: comprometémosnos co Bo Goberno, a transparencia, a ética e a innovación para dar un servizo excelente.
- Sociedade saudable: fomentamos unha cultura de igualdade, inclusión e accesibilidade, e orientamos a nosa acción social cara ao coidado das persoas.
- Planeta saudable: promovemos unha xestión eficiente e responsable dos recursos minimizando o impacto no planeta.