Plan Radon Galicia

Publicado o: 16/12/2024

Estratexia Galega Reduce Radon 2025-2030 

Galicia é a comunidade española máis afectada pola exposición a radon debido a súa xeoloxía. Se lle atribúe entre un 10 e 15 % dos casos totais de cancro de pulmón e un 7 % das defuncións.

Por este motivo a Dirección Xeral de Saúde Pública de Galicia deseñou unha estratexia pioneira a nivel nacional para reducir os niveis de radon no período 2025-2030 e que foi publicado o 7 de novembro de 2024.

A Estratexia Galega Reduce Radon 2025-2030 se articula arredor de cinco eixes de actuación con medidas específicas e prevé crear a Oficina Técnica de Control do Radon.