Plan Estratéxico 2021-2024
“A Mutua das persoas. Colaboramos innovando”
O plan estrutúrase en catro piares estratéxicos, que sitúan as persoas no centro de todas as actuacións de Mutua Universal. Baixo o lema “A Mutua das persoas. Colaboramos innovando”, o seu obxectivo global é humanizar a saúde e a dixitalización mediante servizos personalizados para cada un dos grupos de interese cos que se relaciona a Entidade.
Medicina personalizada e proposta de valor integral aos mutualistas; Aceleración da transformación dixital; Axentes activos do Sistema de Saúde e Seguridade Social: e Cultura centrada nas persoas son os piares principais. Entre as metas xerais destacan o desenvolvemento dun modelo asistencial baseado na humanización e a personalización, o impulso da relación dixital cos grupos de interese, a posta en valor dos aspectos diferenciais da Entidade (transparencia e bo goberno, sostibilidade, colaboración con administracións e sector) e a evolución do modelo de cultura corporativa iniciado nos últimos anos.
Estas accións profundan tamén na vocación de Mutua Universal de ser unha entidade colaboradora na xestión da saúde integral das empresas e traballadores protexidos, así como na sostibilidade do sistema.
Metodoloxía
A definición do Plan Estratéxico 2021-2024 realizouse a partir dunha nova metodoloxía colaboradora e áxil, que pon en valor o novo talento de Mutua Universal. Por un lado, un equipo formado polo persoal máis novo da organización analizou as grandes liñas de evolución do sector, co obxectivo de fixar os eixes estratéxicos de longo prazo (“Visión 2030”). A continuación, formáronse grupos de traballo que definiron os proxectos da nova estratexia mediante unha metodoloxía orientada a proxectos.