A nosa prevención de riscos laborais encádrase no marco normativo actual e dos nosos obxectivos como entidade

Publicado o: 13/01/2016
  • A Lei 35/2014, do 26 de decembro, pola que se modifica o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social en relación co réxime xurídico das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social.
  • O Regulamento de colaboración, artigo 13. Pendente de revisión conforme á Lei 35/2014.
  • Real decreto 860/2018, do 13 de xullo, polo que se regulan as actividades preventivas da acción protectora da Seguridade Social a realizar polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.
  • As resolucións anuais da Secretaría de Estado da Seguridade Social, pola que se determinan as actividades preventivas que deben realizar as mutuas de accidente de traballo: Plan de actividades preventivas (PAP).


As actividades preventivas teñen que cumprir cos seguintes aspectos

  • Diríxense ás nosas empresas asociadas, poboación protexida e persoas traballadoras autónomas adheridas a Mutua Universal
  • Non xeran dereitos subxectivos (é dicir, os suxeitos non teñen dereito a esixir que se lles presten estas actividades).
  • Nunca substituirán as persoas empresarias no cumprimento das obrigas que como tales tivesen asignadas.