Mutua Universal, sempre contigo
Descarga a nosa app para dispositivos móbiles

 A app de Mutua Universal permitirache dunha forma cómoda e sinxela ter todos os nosos servizos ao alcance da túa man:

  • Localiza os centros asistenciais máis próximos.
  • Accede directamente á Liña Universal 900 203 203, dispoñible as 24 h os 365 días ao ano.
  • Xestiona facilmente todos os contactos da Mutua Universal e accede a eles do xeito máis cómodo.
  • Se es autónomo, poderás utilizar o simulador de cotas e descubrir todas as túas prestacións.
  • Accede a interesantes consellos de saúde esteas onde esteas.

 A aplicación imprescindible para todos os asociados a Mutua Universal!

 Dispoñible en iOs, Android e Windows Phone.

 

Zona privada paciente

Date de alta nun dos nosos centros, e accede facilmente á túa información médica, xestiona as túas citas usando a nova Zona Privada Paciente. Alí encontrarás desde o teu expediente completo e probas diagnósticas ata as túas citas médicas programadas.

 

A eConsulta

Agora tes unha nova funcionalidade na túa Zona Privada Paciente, a eConsulta, que che permitirá pórte en contacto co teu equipo asistencial desde calquera lugar e en calquera momento do proceso. 

Se tes algunha dúbida sobre a túa pauta de medicación, queres consultar sobre os coidados prescritos, presentas algunha complicación da túa enfermidade ou queres trasladar algunha outra consulta médica ao equipo sanitario, pódeste pór en contacto, comodamente e sen desprazamentos, co teu médico, enfermeira ou fisioterapeuta e/ou calquera sanitario que te visitase nos últimos 15 días.