Os trastornos músculo-esqueléticos
Os trastornos músculo-esqueléticos (TME) relacionados co traballo son o problema de saúde máis común en España e Europa. Afectan persoas traballadoras de todos os sectores e representan un problema importante en materia de saúde e de custos asociados.
Segundo os datos da VI Enquisa Europea de Condicións de Traballo, tres de cada cinco persoas traballadoras na Unión Europea refiren queixas de trastornos músculo-esqueléticos. En España, máis dun terzo dos accidentes de traballo e as tres cuartas partes das enfermidades profesionais son de carácter músculo-esquelético.