A xestión do despacho
O noso modelo de xestión é flexible, proactivo e dá resposta tanto ás túas necesidades como ás dos teus clientes, sexan do tipo que sexan. En especial aqueles que, pola relevancia na túa carteira, requiren unha atención personalizada.
Cremos nos asesores laborais e na súa importancia para as pemes e autónomos, motor económico da nosa sociedade. Por iso, implicámonos no teu día a día e ofrecémosche un seguimento personalizado de cada caso, empresa e autónomo, con ferramentas e servizos de alta calidade e prestacións que che simplifican, ademais, a xestión do proceso de baixa. Axilizamos os procesos e informámoste en todo momento para que poidas xestionar a relación cos teus clientes de forma simple e áxil.