Xunta Xeral Mutua Universal
En cumprimento do que se establece nos vixentes Estatutos Sociais, convocamos a Xunta Xeral Ordinaria desta Entidade, que se celebrará o día 15 de xullo de 2025 no Auditorio sito en Avda. Tibidabo 17-19 de Barcelona, ás 11:30 horas, en primeira convocatoria e, de non poderse celebrar por falta de quórum, ás 12:00 horas en segunda, segundo a seguinte:

Orde do día da Xunta Xeral Ordinaria
- Aprobación, se procede, das contas anuais correspondentes ao exercicio 2024, así como o destino e a distribución do resultado económico positivo anual.
- Aprobación, se procede, do anteproxecto de orzamento do exercicio do ano 2026.
- Designación e normal remoción das empresas asociadas que teñan que constituír a Xunta Directiva a teor do artigo 27 dos Estatutos vixentes
- Ratificación dos acordos adoptados pola Xunta Directiva e a conseguinte aprobación da xestión dos órganos reitores.
- Designación de dúas persoas asociadas asistentes á Xunta Xeral Ordinaria que deben asinar a Acta.
A Xunta Xeral é o órgano superior de goberno da Entidade e está integrada por unha representación de todas os asociados/as. A súa composición, competencias e funcionamento están establecidos nos artigos 26 ao 34 dos vixentes Estatutos de Mutua Universal. Así mesmo, forma parte da Xunta Xeral unha persoa en representación do cadro de persoal ao servizo da Entidade.
Informámoslle que as Contas Anuais e o Anteproxecto de Orzamento referidos, estarán á súa disposición a partir do próximo 1 de xullo de 2025.