Xestión eficaz ao servizo da empresa
O noso modelo de saúde integral é flexible e proactivo para dar resposta axeitada a todo tipo de empresas. En especial, a aquelas que requiren unha atención personalizada pola súa relevancia, dimensión, complexidade ou dispersión no territorio.
Implicámonos no día a día, e para iso ofrecemos un seguimento personalizado de cada caso a partir de ferramentas e servizos que melloran a calidade asistencial e facilitan a xestión da baixa.

Atención personalizada e mellora da produtividade
A partir do coñecemento das necesidades de cada empresa e o seu capital humano, ofrecemos solucións personalizadas que garanten a óptima recuperación dos pacientes e a mellora da produtividade.
Seguimento personalizado
Mediante as figuras do interlocutor único, para os temas relacionados coa xestión entre empresa e Mutua Universal, e o médico titor. único profesional que tutela todo o proceso da baixa médica.
Mellora da xestión das baixas temporais
Plans de mellora da xestión da incapacidade temporal, tanto por continxencia común como profesional.
Ferramentas de xestión en liña
Xestións en Zona Privada da páxina corporativa e outras plataformas específicas.
Empresa internacional
Actuacións específicas para empresas internacionalizadas.