Xestión en liña dos recursos humanos
Na zona privada inclúense ferramentas para a xestión dos recursos humanos e o control das baixas en incapacidade temporal e continxencia común. Cun simple clic, toda a información está dispoñible para a toma de decisións e simplificar os procesos administrativos.
Pomos á túa disposición unha serie de Aplicacións que permiten obter información puntual e fiable para a xestión e que simplifican os trámites administrativos.
Ademais poderás encontrar Documentación en Prevención, así como unha completa base de datos de todos os Convenios Laborais, Xurisprudencia, e Lexislación.

Aplicacións

Avisos
Os usuaios designados, vía correo electrónico, son informados puntualmente do estado da prestación dos servizos: Continxencia laboral, continxencia común, embarazo e lactación, e coidado de menores.
Ti mesmo estableces a periodicidade coa que desexas recibir cada un dos avisos, de forma inmediata (en liña), ou de forma diaria. Tamén podes escoller o idioma en que quérelos recibir.

Volante de asistencia
Esta aplicación permite cubrir e enviar o volante de prestación de asistencia sanitaria, completando automaticamente a maioría dos datos do traballador, empresa, centro de traballo e centro asistencial onde o atenderán.

Casos
Poderás buscar e consultar rapidamente a información sobre as baixas, altas e subsidios non aceptados de traballadores por continxencia laboral, continxencia común, subsidio por risco de embarazo e lactación, e prestación por coidado de menores.

Estatísticas de sinistralidade e indicadores IT
O programa xera informes, tanto de sinistralidade laboral como de indicadores de incapacidade temporal, que lles permitirá poñer en marcha accións correctoras que eviten accidentes e melloren a seguridade e a produtividade. Poderás emitir o informe á túa medida, escollendo os parámetros que máis che interesan.

Deducións
Esta aplicación permíteche coñecer, tantas as deducións que se van practicar polas baixas de continxencia laboral ou común dos traballadores, así como as deducións indebidas correspondentes ao pagamento delegado destas.

Caixas de primeiros auxilios
Esta aplicación permitirache coñecer o contido das caixas de primeiros auxilios e solicitar o seu envío, segundo o número de empregados e de centros de traballo, de forma rápida e sinxela, enchendo automaticamente os datos de entrega.

Usuarios
Permite xestionar os propios usuarios de acceso a información relevante, con diferentes perfís e permisos de lectura. Podes crear agrupacións de empresas ou autónomos para cada usuario e seleccionar o tipo e a periodicidade da información que poden recibir.

Partes de accidente
A aplicación permite a Empresas, Despachos Profesionais e Autónomos consultar, cubrir e tramitar os Partes de Accidente de Traballo (PAT) e as Relacións de Accidente de Traballo sen Baixa Mécia (RATSB) e remitiras ao Delt@/CoNta. Enche automaticamente datos sobre afiliación tanto do traballador como da empresa.
Ferramentas

Campus virtual
Aula virtual de formación en liña en Prevención de riscos laborais.

Avispre Universal
Realiza unha autoavaliación da implantación da prevención na empresa, detectando as irregularidades legais que poden ser fonte de sanción e aconsella a listaxe de accións correctivas que se poden aplicar.