En que condicións?
Que medidas débense adoptar nos centros de traballo para faceros máis seguros, máis limpos e máis saudables?
Débese avaliar o risco de exposición de xeito que permita clasificar as persoas traballadoras nos 3 niveis: exposición de risco, exposición de baixo risco e baixa probabilidade de exposición, establecidos polo procedemento do Ministerio de Sanidade e deste xeito aplicar as medidas preventivas en función do risco avaliado.
Como medidas de control e organizativas que melloran as condicións de traballo adaptandoas á situación actual de alarma destacamos as seguintes:
Ventilación do local
Aumentar as taxas de ventilación, aumente a porcentaxe de aire exterior que circula no sistema.
Distancias de seguridade
A distancia de seguridade establecida é de 2 metros. Analizar a distribución e organización dos postos de traballo para garantir a distancia de seguridade. Minimizar contacto entre as persoas traballadoras e / ou clientes e analizar aquelas tarefas en que non se pode respectar a distancia e buscar solucións (barreiras, equipos de protección indicifual, etc.) Fomentar a situación fixa dos traballadores, sen rotar en equipos ou ciclos de traballo.
Espazos comúns ou concorridos
- Evitar concorrencia en espazos comúns.
- Limitar o uso de vestiarios e servizos hixiénicos.
- Racionalizar o uso de ascensores.
- Limitar o uso de comedores sempre que sexa posible, limitando ao máximo a manipulación e consumo de alimentos nos centros de traballo.
- Eliminar ou reducir reunións, visitas e viaxes non esenciais.
Limpeza de superficies e espazos
Incrementar a limpeza e desinfección daquelas superficies que se tocan con frecuencia no lugar de traballo: pupitres de mando, teclados mesas, interruptores, pasamáns en escaleiras, manubrios, billas, etc., realizandoa varias veces en cada xornada laboral e nos cambios de quenda.
Medios de hixiene
Garantir a dispoñibilidade e fácil acceso a auga e xabón para a hixiene de mans, papel desbotable para secado e papeleiras, preferentemente con apertura de pedal. Nos postos en que non sexa posible, dispor de xeles alcohólicos.
Equipos de Protección Individual (EPI)
Seguir empregando os equipos necesarios para o desenvolvemento do traballo habitual. Estar atentos ás recomendacións das autoridades sanitarias sobre o uso de máscaras ou tapa bocas e luvas.
Comunicación, formación, información e sensibilización
Nesta situación é fundamental para as persoas coñecer como proceder, como actuar, cales son os cambios nos procedementos, que non facer, etc.
Débese formar e informar sobre as medidas de prevención específica relacionadas con COVID-19. Lembrar varias veces na xornada, persoalmente ou por megafonía, a necesidade de reducir ao máximo o contacto mans/cara e de lavarse frecuentemente as mans. Informar e lembrar instrucións para lavarse as mans axeitadamente. Difundir as recomendacións para previr o coronavirus.