Empresa internacional
Servizos especializados para asegurar unha asistencia médica de calidade a empresas internacionalizadas ou en proceso de internacionalización, con traballadores que leven a cabo desprazamentos puntuais ou estancias temporais fóra do país.
Asesoramento e trámites administrativos
Información sobre aspectos xerais de prevención de riscos laborais en países de destino (lexislación, sistema de Seguridade Social, vixilancia da saúde, etc.) e asesoramento sobre os trámites administrativos a realizar.
Indicadores internacionais de construción
Servizo de información sobre indicadores internacionais de sinistralidade no sector da construción, en colaboración coa Confederación Nacional da Construción. Ante a diversidade de indicadores en cada país, establece un mecanismo de conversión para obter datos equivalentes aos achegados por empresas non españolas.
Asistencia a traballadores desprazados no estranxeiro
En caso de producirse un accidente laboral, o traballador afectado pode chamar a Liña Universal (+34 934 123 367) desde calquera país do mundo e activar o protocolo para levar a cabo o traslado sanitario urxente ao hospital máis axeitado. Ademais, realiza un seguimento de cada caso e encárgase de coordinar as accións necesarias para o rescate e repatriación do traballador.
Viaxeiro Universal
Consellos xerais e precaucións sanitarias que deben ter en conta os traballadores desprazados ao estranxeiro, en función dos riscos e condicións do país de destino.