O valor da ergonomía

Publicado o: 13/08/2020

A prevención dos trastornos músculo-esqueléticos está ligada directamente cun correcto deseño do espazo e o posto de traballo , o emprego de ferramentas de calidade e técnicas de traballo optimizado, un axeitado mantemento de espazos e utensilios e unha boa organización do traballo .

O obxectivo dun bo deseño é crear actividades que permitan aos traballadores e traballadoras efectuaren o seu labor cunha elevada produtividade e calidade, desenvolveren as súas capacidades e gozaren dun alto grao de benestar (UNE EN 614-2).

Sabías que?

  • O custo de cambiar os equipos e as instalacións para adaptalos ergonomicamente é máis de mil veces superior ao custo en fase de deseño.
  • A maioría das melloras ergonómicas amortízanse antes de seis meses.
  • A selección de ferramentas apropiadas pode facer que os trastornos músculo-esqueléticos se reduzan case ata nun 100 %.